ELABORACIÓN DUN CLIMOGRAMA

EMPREGANDO O PROGRAMA LIBREOFFICE CALC


O primeiro que hai que facer, obviamente, é abrir o programa libreoffice.org calc que é unha folla de cálculo equivalente a excel de microsoft pero de carácter gratuíto.

Para iso vai ao menú de inicio e búscao.

Logo hai que "teclear" os datos, primeiro as precipitacións e logo as temperaturas. Lembra que usamos a coma "," para os decimais.

Ten paciencia e faino ben. Se isto vai mal todo o demais irá mal.

Unha vez feito isto, selecciona os datos co rato e fai click no botón de gráfico

O primeiro é seleccionar o tipo de gráfico que queres, no noso caso Línea y columna

Selecciona a continuación o 2.Rango de datos e marca que a serie de datos están en filas (tamén poderíamos ter escrito os datos en columnas...)

 

Agora selecciona 4.Elementos gráficos e pon o título do gráfico. Logo, dalle a finalizar.

 

Selecciona agora no menú da Insertar da barra principal do programa, e no menú emerxente selecciona Ejes e a opción de Eje secundario Y

(o que lle estamos a decir ao programa é que cada variable, temperaturas e precipitacións, teñen cadanseu eixe). Dalle a aceptar.

 

Agora, no mesmo menú de Insertar selecciona Título e escribe os títulos dos eixes Y,

no principal Temperaturas (ºC) e no secundario Precipitacións (mm). Dalle a aceptar.

Somentes falta indicarlle ao programa que asocie o valor das barras de precipitacións ao eixe Y secundario que acabamos de crear.

Para isto, seleccionamos as barras de precipitacións e facémoslle "un dobre clic" para que aparezan as propiedades do obxecto.

Seleccionamos a pestana de "opcións" e indicámoslle que se aliñen co eixe secundario Y.

Aproveitamos para rematar de editar as barras de precipitacións, indicándolle que o espazo entre elas sexa do 20 %,

e seleccionando a cor na pesta de "Área". Dalle a aceptar

 

O climograma xa está feito

Pero agora, para manter en todos os climogramas que fagamos á mesma escala e así poder facer análises comparativos entre uns e outros, imos variar os valores dos eixes. En principio tes que saber que a escala das precipitacións é dobre respecto á das temperaturas.

Para isto, fai dobre clic co rato no eixe das temperaturas e s eleccionamos a pestana de Escala. Aquí introduces estes valores:

Mínimo: -40 Máximo: 180 Intervalo principal: 20 (observa que a opción de Automático está deseleccionada). Dalle a aceptar.

Agora tócalle o turno ao eixe das precipitacións. fai dobre clic sobre el e introducimos os seguintes valores:

Mínimo: -80 Máximo: 360 Intervalo principal: 40 (observa que a opción de Automático está deseleccionada). Dalle a aceptar.

Para que se vexa máis a liña das temperaturas podémola facer máis grosa.

Facendo dobre clic na liña das temperaturas, na pestana Línea, marca un ancho de 0,10cm. Dalle a aceptar.

Antes de continuar selecciona a lenda co rato e suprímea (unha cuestión estética, non máis).

Podes modificar o ancho do climograma ao teu gusto.